| |
Agora máis que nunca, a innovación e a imaxinación deben ser cualidades de todo empresario. E necesario por en marcha iniciativas creativas e provocadoras que aporten vantaxes e sexan atractivas para os clientes. A Asociación de Empresarios de Deza (AED) sabe que ésta é unha clave fundamental nos nosos días, por iso pon en marcha unha tarxeta de desconto que pretende incentivar as compras na Comarca de Deza e beneficiar ós consumidores que adquiran produtos nos comercios adheridos a esta iniciativa.
Os titulares da Tarxeta de Fidelización poden disfrutar, sen coste algún, dos beneficios que outorgan estes establecementos, restaurantes, hoteis, tendas, axencias de viaxe e agora tamén cines. A nova promoción permite gozar do prezo do día do espectador nos multicines Filmax Pontiñas de Luns a Venres non festivos ata o 31 de decembro de 2010. ( Exentas películas Warner).
|
|
|
|
A Comisión de Hostalaría e Turismo da Asociación de Empresarios de Deza estrea a nova Imaxe Corporativa Compartida.
O proxecto cofinanciado pola Consellería de Economía e Industria, polo Igape, e polo Fondo Social Europeo, ten por obxectivo proxectar unha imaxe conxunta e positiva do sector.
Con este deseño que correu a cargo do artista Leandro Lamas co lema "Somos a túa casa, habítanos" preténdese transmitir un valor clave entre a sociadade: calidade e servizo.
Actividades destacadas: |